domingo, 23 de diciembre de 2007

REFLEXIÓNS SOBRE A FUTURA PRÁCTICA DOCENTE

Considero que moitos de nós algunha vez se fixo esta pregunta ¿qué facer cando estamos ante unha clase de 25 alumnos?
Creo que o primeiro que hai que ter en conta é que ninguén te obriga a estar alí, que o fas porque che gusta. E se non é así é mellor que marchemos do sistema educativo porque a consecuencia delo os rapaces e rapazas acabarán odiando a escola como moitos deles xa o fan.

¿Onde está o fallo? ¿De que se deriva?.
Creo que o fallo parte da nosa formación. Eu son agora mestra diplomada en educación infantil e teño a impresión de que saín de maxisterio sen ter o coñecemento suficiente para poñerme a cargo dunha clase: elaborar ACIs, elaborar boas programacións, detectar déficits e prevelos ou tratalos ou buscar axuda onde o debo facer...Miles de cousas que, nalgúns casos, se tocaron dende a perspectiva teórica pero outras miles nas que estamos a cero porque nin sequera vimos unha.

Todos sabemos dende a teoría que unha ACI é unha Adaptación Curricular Especializada pero,os recén saídos ou diplomados que non exerceron nunca como docentes, ¿sabedes realmente cómo é ou cómo se elabora, qué criterios se seguen para elaborala...?
Eu non e non é por falta de ganas, porque se algún día estou ante unha clase e teño algún neno ou nena con un déficit puntual ou crónico ¿por onde empezo?

Creo que durante toda a carreira nos fomos facendo conscientes de que é necesario cambiar a nosa escola, ou polo menos eu quedeime con que esa era unha das premisas fundamentais. Pero despois de diplomarme sigo encontrando un vacío na miña formación.
Xa sei que na carreira non se pode tratar mellor todos estes temas pola falta de tempo, pero igual deberiamos comezar por plantexarnos de que a escola actual non funciona porque a formación inicial deixa moito que desexar.

Por todo elo, debemos ser conscientes que non só debemos formarnos mentres estamos matriculados nunha carreira ou curso senón que debemos autoformarnos e buscar as nosas propias respostas, pois todas elas están nos libros ou en internet, só é cuestión de querer.

No hay comentarios: