
Seguindo moi na liña do que abaixo se dí, debo engadir que como bos mestres todos temos claro que a teoría que debemos seguir na nosa práctica docente é a do constructivismo, que non é máis ca un modelo que concibe que un alumno ou alumna non é un produto do ambiente nin un simple resultado das súas disposicións internas senon que é unha construción propia que se vai producindo no día a día como resultado das interacións entre diferentes factores.
Por elo, debemos ter en conta que o coñecemento non é ou non debera ser unha copia da realidade senon unha construción do ser humano realizada a partir dos coñecementos previos que se reelaboran , aumentan, modifican...en función da nova información e dos cambios sociais.
O modelo constructivista está centrado na persoa, nas súas experiencias previas.
Unha estratexia axeitada para levar a cabo a práctica deste modelo sería o "Método de proxectos" que permite interactuar en situacións concretas e significativas e estimula o saber, o saber facer e o saber ser.
O rol do docente debe pois cambiar e no canto de ser director ou impoñer conñecementos, debe moderar, coordinar, facilitar mediar e participar nas actividades que propoña. Debe por elo ser consciente de que ten que partir dos intereses do alumnado, das súas necesidades e dos seus contextos particulares e concretos de cada un para averiguar o procedemento máis axeitado de chegar ó coñecemento.
A aprendizaxe debe resultar algo significativo e de interese para o neno ou nena pois senón non será quen de elaborar o seu propio coñecementos e non será capaz de facer unha relación entre o que sabe e o que aprende de novo, así como tampouco sabe relacionar o que sabe ou estuda coa vida real, algo que a todos nós nos pasou nalgún momento dado ¿para qué serven as raíces cadradas ou as integrais?
A modo de resumo podo dicir que a concepción constructivista da aprendizaxe e da ensinanza en xeral, organízase en torno a tres ideas fundamentais que son:
- O alumno é o responsable principal e último do propio proceso de aprendizaxe.
- A actividade mental do alumno aplícase a contidos que xa posúe, deberá reorganizalos, aumentalos, cambialos de novo...
- O mestre, ademáis de ser quen propoña condicións óptimas de aprendizaxe, debe orientar a actividade co fin de que a construcíón do alumno se acerque ó significado real dos saberes culturais.



