martes, 30 de octubre de 2007

COMEZANDO COS BLOGS


Creo que esta actividade de crear un blog e ir incorporando novas cousas interesantes a él vai ser unha terefa bastante difícil para min, sobre todo porque non tiven antes experiencia previa algunha con eles.

De todas formas intentarei que sexa atractivo para consulta dos demáis compañeiros aínda que me custe un pouco.


En principio pretenderei que o blog sexa:


  • Unha ferramenta de traballo

  • Un arquivo que me permita ter todo ordeado

  • Un enlace simple a outras páxinas interesantes

  • Un diario virtual

OS CONTOS DAS TIC


O primeiro conto ou neste caso imaxe sobre as Tic, escollino porque como é o primeiro que vou poñer, paréceme interesante que faga un breve repaso sobre a evolución do "homo sapiens", pois a imaxe parte dun primate que se supón que está illado dos demáis seres vivos por ser unha especie distinta, e a última imaxe representa ó home actual que está illado pero por unha razón ben distinta, porque está demasiado inmerso nas novas tecnoloxías.

As imaxes centrais fan esa evolución ou estiramento cara arriba porque o traballo era menor, e cando aparece a agricultura faise máis duro e comeza a decrecer ata botarse horas diante do ordenador.