
O primeiro conto ou neste caso imaxe sobre as Tic, escollino porque como é o primeiro que vou poñer, paréceme interesante que faga un breve repaso sobre a evolución do "homo sapiens", pois a imaxe parte dun primate que se supón que está illado dos demáis seres vivos por ser unha especie distinta, e a última imaxe representa ó home actual que está illado pero por unha razón ben distinta, porque está demasiado inmerso nas novas tecnoloxías.
As imaxes centrais fan esa evolución ou estiramento cara arriba porque o traballo era menor, e cando aparece a agricultura faise máis duro e comeza a decrecer ata botarse horas diante do ordenador.

No hay comentarios:
Publicar un comentario