
Escollín estas tres imaxes porque o que pretendo facer ver con este collage, é a necesidade que tivo a escola de introducir un cambio na metodoloxía.
A primeira, titulada "Unha escola alternativa" fai ver moi ben que os alumnos pedían a berros un cambio porque a metodoloxía
que se tiña en conta, (conductista na maioría dos casos)non respondía ás necesidades de cada alumno, senón á comodidade dos mestres.Un posible cambio na metodoloxía que chamase a atención dos alumn@s é a introdución das Tic na aula e na nosa vida diaria, cambio ó que fai referencia esta segunda imaxe onde se traballaba con ordenadores vellos e elo valía para cambiar e chamar a atención do alumnaso. Proceso ben difícil por certo.
Ás veces non é só o contar con bos equipos senón que é máis o querer participar delo que ter moitos equipos que non te molestas nin en traballar con eles.Pero non todo é bo coa introdución das novas tecnoloxías, pois todos somos conscientes de que aínda que nos facilitan o traballo non son as mellores e por elo a terceira viñeta, que reflexa a cantidade de veces que, xeralmente por falta de formación na materia, non somos capaces de poñernos ante o ordenador e sentirnos seguros e acabamos perdendo os papeis e enfadándonos co ordenador ou con calquer outro aparello que se englobe no amplo termo de novas tecnoloxías.
Eu particularmente son unha das víctimas do non coñecer o suficiente sobre o ordenador e as súas posibilidades e por elo estou a facer o master.
A todos aqueles que se sintan amargados en certos momentos coas Tic como me ocurre a min, ¡ánimo!, non vos deixedes vencer e loitade por saber máis, por facilitar o acceso ós vosos alumnos a este campo tan novo e sobre todo por axudar a aqueles que non participan das mesmas posibilidades de formación ca nós.

No hay comentarios:
Publicar un comentario